Comeza unha "Semana" para liquidar inquietudes políticas

Pontevedra
28 de marzo 2016

Comeza a XXXIII Semana Galega da Filosofía: Filosofía e Política. O Teatro Principal de Pontevedra acolle a un centenar de persoas dispostas a debater sobre a política actual, desde este luns 28 ata o venres 1 de abril. Representantes do Concello, a Deputación, a aula Castelao e o Colexio de Avogados foron encargados de inaugurar os actos

Semana Galega da Filosofía: Filosofía e Política
Semana Galega da Filosofía: Filosofía e Política /

Nin o ceo gris, nin a choiva incesante impediron que preto dun centenar de persoas acudisen a unha cita ineludible este luns 28 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra. Decenas de paraugas abarrotaban a entrada no interior do recinto a pesar de que o reloxo aínda non marcara as 10.30 h. Ao comezo do acto, os paragüeros xa sobordaban; os máis atrasados tiveron que introducilos en bolsas de plástico a petición do conserxe. 

Así, aos poucos, as butacas comezaban a encherse dos expectantes asistentes á XXXIII edición da Semana Galega de Filosofía para debater sobre política nesta XXXIII edición. Xa sentados e acomodados, con abrigo fose e bolígrafo en man, esperaron con paciencia a chegada das autoridades que inaugurarían os actos. 

O encargado da inauguración foi Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade do Lérez. A el acompañárono Ana Regueira, presidenta da aula Castelao de Filosofía, Alberto Lastre, secretario do Colexio de Avogados e Xosé Leal, deputado de Cultura e Normalización Lingüística. 

A inquietude suscitada polos discursos políticos actuais constitúe a principal razón desta cita, explicou ante o seu público, a presidenta da aula Castelao. Tanto ela como o resto de autoridades presentes destacaron que a política transforma a sociedade e que para conseguilo é necesaria a implicación de todos. O alcalde de Pontevedra tamén aproveitou a ocasión para denunciar a banalización mediática á que están sometidos os políticos e a batalla entre a vella e a nova política. 

O peso das primeiras reflexións recaeu sobre María Xosé Agra, quen declarou que "non se trata de solucións, senón de formular ben as preguntas". Ata que punto a vulnerabilidade marca o noso mundo?, temos a retina saturada de imaxes de vulnerabilidade?, foron tan só algúns dos interrogantes coas que abriu o seu discurso para falar depolítica e vulnerabilidade

Estudantes e profesores continuarán reflexionando e debatendo sobre filosofía e política ata este venres 1 de abril. Durante a tarde do luns, tomarán a relevo  Francisco Sampedro e Antonio Baños para departir temas de actualidade de ámbito nacional como o proceso de independencia catalán