Comeza o segundo proceso de contratación de persoal en Soutomaior

Soutomaior
08 de maio 2024

O goberno local ten prevista a contratación de máis de vinte persoas durante os meses de verán para realizar diferentes funcións desde limpeza de rúas a albanelería

Operario traballando nas rúas de Soutomaior
Operario traballando nas rúas de Soutomaior

Catro peóns forestais, dous operarios de limpeza e un albanel son os postos que ten previsto cubrir o Concello de Soutomaior no proceso de contratación de persoal que se inicia esta semana.

En marzo desenvolveuse a primeira fase de contratación coa incorporación de seis peóns forestais, dous barrenderos, dous albaneis, un auxiliar administrativo e un auxiliar de biblioteca.

O goberno local sinala que con estas contratacións quere ofrecer un mellor servizo á cidadanía e indica que durante o verán máis de vinte persoas desenvolverán labores de limpieza de vías, eliminación de maleza e traballos de #albañilería para reparacións.

En setembro de 2023, o Concello só contaba con tres persoas realizando estas tarefas.

A contratación corre a cargo de fondos propios do Concello e de liñas de axuda da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, manifesta que "sabemos que é imposible chegar a todos os lugares do concello que precisan de mantemento de maneira inmediata" pero señala que este verano el municipio contará coa "mellor brigada de obras que nunca tivo". Agradeceu, ademais, o traballo do persoal municipal na xestión das axudas para lograr facer operativas estas contratacións.