Comeza o proceso de ocupación de terreos para a reurbanización da rúa Bernardo Sagasta (Cuntis)

Umia
10 de outubro 2013

O treito a reparar abarca un total de 310 metros. Trátase dunha rúa que discorre no seu treito inicial polo casco de Cuntis, no que se rexistra unha notable demanda de aparcamento. O ancho dispoñible da calzada, inferior aos sete metros, non permite o aparcamento e o cruzamento dos vehículos en condicións seguras. Ademais, as beirarrúas se atopan en mal estado de conservación e presentan longos inferiores ao indicado na normativa de accesibilidade

As obras de reurbanización da rúa Bernardo Sagasta comezarán moi pronto. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens afectados por estes traballos. Trátase da mellora dun treito da estrada PO-220 (Pino - Cuntis) ao seu paso por este concello pontevedrés, adxudicada á empresa Crespo por un importe de 350.453 euros.

A estrada PO-220 encádrase dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia e na actualidade o tramo da rúa Bernardo Sagasta presenta unha serie de carencias que inflúen na seguridade viaria do peón e vehículos que transitan por ela. Para solventar as incidencias executaranse unha serie de actuacións de mellora que incidirán favorablemente, remarca o goberno galego, no desenvolvemento do municipio e benestar dos case 5.000 habitantes de Cuntis.

O treito a reparar abarca un total de 310 metros. Trátase dunha rúa que discorre no seu treito inicial polo casco de Cuntis, no que se rexistra unha notable demanda de aparcamento. O ancho dispoñible da calzada, inferior aos sete metros, non permite o aparcamento e o cruzamento dos vehículos en condicións seguras. Ademais, as beirarrúas se atopan en mal estado de conservación e presentan longos inferiores ao indicado na normativa de accesibilidade.

Para solucionar estes problemas, procederase a modificar o reparto da sección transversal da rúa, habilitando beirrarúas con longos axeitados, banda de aparcamento e un carril coa anchura recomendable, para o que será necesario un dos sentidos de circulación. Ademais, renovarase o firme da calzada.

Coma actuacións complementarias, recolocaranse os actuais báculos de iluminación que sexa necesario, e acometeranse algunhas melloras no sistema de recollida de augas da rúa. Finalmente procederase á humanización da estrada coa colocación de zonas axardinadas e mobiliario urbano, cun tratamento acorde ás características do casco histórico, colaborando deste xeito a incrementar o potencial turístico do núcleo.

Con estas actuacións, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ofrece aos cidadáns unha rede viaria cómoda e segura, axeitada ás demandas do núcleo, destaca nun comunicado.