A empresa adxudicataria do plan de asfaltados de Sanxenxo iniciaron este mércores os traballos en dous viais de Noalla que van desde O Telleiro ata Talleres Arbón. Son en total 456 metros lineais.
No primeiro tramo, Telleiro-Hotel Lanzada inclúese os traballos de limpeza e despexe de cunetas e bordos de ambas as marxes da calzada, reforzo, fresado e reposición do firme, bandas transversais de redución de velocidade, recrecido de pozos e pintura viario.
No segundo tramo, de Telleiro ata Talleres Arbón, inclúese o despexe e limpeza de cunetas e bordos, drenaxe, ensanche da plataforma, regularización e reforzo do firme, bandas transversais de redución de velocidade, recrecido de pozos e senda peonil.
En total realízanse 16 asfaltados nas sete parroquias que abarcan unha superficie lineal de 5.274 metros. Trátase dunha actuación que permite mellorar a seguridade do vial destas estradas ao mellorar o seu firme, nalgúns casos notablemente deteriorado, o que dá lugar a situacións de risco e inseguridade para os usuarios.