Comeza o desmantelamento das salas de cine de Pontevedra

Pontevedra
05 de xuño 2013

Finalmente, a dirección de Ábaco Cinebox decidíu comenzar este martes a retirada de todo o material dos cines de Vialia. Un empresario de Narón relacionado co sector lévase butacas e maquinaria mentres que o resto do material será trasladado a un almacén de Ábaco nos vindeiros días (ALBUM DE FOTOS)

Desmontaxe dos cines de Vialia
Desmontaxe dos cines de Vialia / PontevedraViva

Os cines de Vialia van desaparecendo pouco a pouco. Os traballadores de Ábaco Cinebox coa colaboración dun operario dos cines de Narón comezaron a recoller as caixas de embalaxe ao mesmo tempo que se retiraban, peza por peza, as butacas dunha das salas e se empezaban a desmontar as pantallas e as máquinas de proxección.

A desolación entre o equipo era evidente. "Lo estamos pasando fatal, ayer se decidió que hoy comenzáramos a quitar todo", comentaba unha das traballadoras. O interese polo empresario dos cines de Narón polas butacas e parte do material destes cines para renegociar con eles foi determinante para que Juan Ignacio Moreno, director de Ábaco Cinebox, decidise non esperar máis por unha negociación con ADIF, propietaria do local, para que o material quedase nas instalacións con vistas a que unha nova empresa se encargase dos cines.

O traballador dos cines de Narón indicaba que "todavía no sé cuánto nos vamos a llevar de todo este material". Pero a desmontaxe da infraestrutura das salas será total. O material que non entre nesa negociación será trasladado a un almacén de Ábaco.

Os traballadores témense que este desmantelamento será o adeus definitivo ao futuro dos cines nestas instalacións: "a no ser que venga una empresa que quiera instalar todo nuevo, aquí ya no va a quedar nada". E con xesto triste, os operarios ían retirando todo o material dicindo: "lo peor de todo es que esto lo instalamos nosotros, hasta las moquetas".

Entre o equipo témense que ADIF está a intentar despistar a todos e que "es posible que tengan un proyecto para la estación del AVE que no cuente con las actuales instalaciones".

Arquivado en