Coa celebración da Pontus Lupulus inaugurase a tempada gastronómica de Pontevedra. Á cita dos máis cerveceiros seguirán o Ponte Tapas e Etiqueta Negra.
A Pontus Lupulus, que celebra a súa terceira edición, comeza esta semana coas actividades previas ao festival para ir quentando motores.
- Martes 26 de Setembro, 20.30 horas. Meet the Brewer no TheBasset Beer Club con Cervexa Faxilda e Cerveza Saramagal. Haberá pinchada de Pink Canela (Imperial stout), non dispoñible para o Pontus Lupulus, exclusiva para este día e California Dream (Summer ale)
- Mércores 4 de outubro, 20.30 horas. Visualización do making of do Surfing the Lerez Festival e pinchada de barril de Dear Mary (fruit beer) y Green Inmaculate (Sesion IPA) no El Pequeño Karma.
- Xoves 5 de Outubro, 20.30 horas. Meet the brewer con Vacaloura Cervexa Artesá e A Cova da Serpe no O Grifón. Virán con barril de Hoplocaust (Rye IPA) - non dispoñible no festival e con La Pinta (Milk stout) tamén exclusivo para este día.
Eneko Abad, de Faxilda, e membro da organización, informou este luns que no Pontus Lupulus contarán con dous postos máis de cervexa ata sumar 12 casetas, e presentará unha oferta gastronómica de primeiro nivel.
A programación musical inclúe 6 concertos. O venres 6 de outubro Oh Ayatollah dará o pistoletazo de saída. Ademáis están previstas as actuacións de Flip Corale y los Macabros, The Trunks, Gold + Colt, Hillbilly Guly + Aligator turi e Igloo.
Haberá actividades para todos os públicos xa que son moitas as familias que se animan a visitar os stands. O sábado 7 de outubro pola mañá desenvolverase o obradoiro "Peixiños de cartón, historias a mogollón" con Aire centro de Arte. Exposiciones y talleres creativos.