Comeza a Semana Galega de Filosofía reivindicando o erotismo fronte á pornografía

Pontevedra
06 de abril 2015

O experto en Sexoloxía, Efigenio Amezúa, foi o encargado de abrir a trixésimo segunda edición do encontro coa Filosofía, que mantén o número de matriculados dos anos anteriores, con arredor de 300 inscricións. Nesta ocasión, os temas a tratar ata o venres están relacionados coa sexualidade

Acto inaugural da XXXII Semana Galega de Filosofía
Acto inaugural da XXXII Semana Galega de Filosofía / Mónica Patxot
Un experto sobre Sexoloxía sostén que a homosexualidade non é xenética /

A sexualidade centra as intervencións da Semana Galega da Filosofíaque se inauguraba na mañá deste luns 6 de abril no Teatro Principal de Pontevedra coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a deputada provincial responsable de Cultura, Ana Isabel Vázquez, a representante do Colexio de Avogados María Adrio Taracido e Juan Manuel Corbacho, vicereitor do campus de Pontevedra na Universidade de Vigo. Trescentas persoas matriculáronse para edición deste ano, manténdose as inscricións de anos anteriores.

A coordinadora da Aula de Filosofía Castelao, Ana Regueira, indicou que o interese para as xornadas que se desenvolverán ata o venres 10 se proxecta cara a unha análise sobre como a vida moderna está a cambiar a sexualidade e como o feito de que saian á luz determinados colectivos cambiou a sexualidade de todos.

Nesta liña transcorreu a conferencia de Efigenio Amezúa, doutor en Sexoloxía e profesor na Universidade de Alcalá, que abriu o ciclo de charlas matinais, cunha exposición sobre a erótica actual e un estudo no que analiza como se foi botando sobre o sexo toda cantidade de criminalidades, maldicións, perigos e riscos. "Y sin embargo, nos interesa el sexo", apuntaba Amezúa "es de interés vital para todos pero le echamos un montón de improperios por todos los lados. Lo queremos y lo maltratamos. El sexo parece que no tiene quien lo defienda".

O experto en Sexoloxía destacou a importancia de transmitir aos mozos ideas diferentes: "Por ejemplo, con más erotismo habría menos porno. Lo que nos gusta es eros, el erotismo, el deseo, no la excitación, rápida y a toda prisa, no el consumo. Pero estamos metidos en el consumo". E engadiu que os mozos viven cara ao porno porque todos os medios se o poñen en bandexa. "El trabajo educativo consiste en mostrar qué es lo que apetece, lo que gusta. Para que ellos sean más libres y puedan actuar por sus deseos y no por los empujones que les mandan".

"El sexo parece que no tiene quien lo defienda"

Amezúa lamentou que os adultos non acerten a entender as preguntas dos mozos. "Hay padres que no se entienden con la generación anterior", sinala o profesor indicando que "cuando nos abrimos un poquito, resulta que somos muy parecidos".

PRÿXIMAS CONFERENCIAS

Durante a tarde deste luns tratarase a visión de Galicia da sexualidade centrándose en costumes mitos, ritos e tabús mentres que, a partir das 20.00 horas, se desenvolverá o debate sobre o sexo de pagamento en relación coa pornografía e a prostitución, a cargo da antropóloga Dolores Juliano.

Na xornada do martes, as charlas iniciaranse cunha exposición sobre a igualdade e os dereitos no caso do transxénero. E durante a tarde tratarase a historia do movemento de LGBT (lesbianas, gais, bisexuais e transexuais) para finalizar durante a noite cun debate sobre ciencia, inocencia e sexo, coa presenza do Xefe de sección de Bioquímica do CHUAC, Javier Peteiro.