Comeza a segunda fase das obras na rúa Santa Clara

Pontevedra
06 de marzo 2014

O luns 10 de marzo a partir das 10,00 horas, comeza a segunda fase das obras na rúa Santa Clara. Segundo anuncian dende a Policía Local de Pontevedra, para garantir a mobilidade dos residentes e o acceso ao aparcadoiro público, se permitirá o acceso e saída ao aparcadoiro de Santa Clara dende Cobián Roffignac

Santa Clara
Santa Clara / Mónica Patxot

O luns 10 de marzo a partir das 10,00 horas, comeza a segunda fase das obras na rúa Santa Clara.

Segundo anuncian dende a Policía Local de Pontevedra, para garantir a mobilidade dos residentes e o acceso ao aparcadoiro público, se permitirá o acceso e saída ao aparcadoiro de Santa Clara dende Cobián Roffignac.

Os servizos e a carga e descarga poderanse realizar nas zonas habituais agás no tramo afectado polas obras onde só se permitirá o acceso a garaxes.

Procédese para mellorar a mobilidade na zona co cambio de sentido circulatorio na rúa Álvaro Cunqueiro, rúa que comunica Santa Clara e Cruz Vermella.

Instalarase sinalización informativa circunstancial para indicar os accesos á zona afectada.