Comeza a rolda de despedidas a Ravachol

Pontevedra
20 de febreiro 2015

O velorio do loro Ravachol continuará ata este domingo 22 de febreiro, pero hai pontevedreses que xa lle deron a última despedida e, de paso, xa lle dixeron adeus ao Entroido. Foi a comunidade educativa da escola infantil do campus, que  teñen unha reprodución de Ravachol pendurada das paredes e  este venres acudieron vestidos de loito ao centro para poder despedilo

A escola infantil do campus despide o Entroido
A escola infantil do campus despide o Entroido / Universidade de Vigo

O velorio do loro Ravachol continuará ata este domingo 22 de febreiro, pero hai pontevedreses que xa lle deron a última despedida e, de paso, xa lle dixeron adeus ao Entroido. Foi a comunidade educativa da escola infantil do campus, que  teñen unha reprodución de Ravachol pendurada das paredes e  este venres acudieron vestidos de loito ao centro para poder despedilo.

Segundo informou a Universidade de Vigo, na escola infantil non só despediron ao famoso loro, senón tamén toda unha semana de actividades vinculadas co Entroido. Todo nunha xornada que tivo moito máis de celebración que de velorio e na que non faltaron nin a música nin as sobremesas máis típicas destas datas.

A directora do centro, Ángeles Rodríguez, sinalou que "con esta actividade damos por acabado o entroido", pero que tamén quixeron explicar aos rapaces "que volverá o ano que vén". O profesorado pediu ás familias que levaran aos nenos vestidos como viúvas e viuvos. Ademais, os propios nenos elaboraron na clase un Ravachol, pintando e pegándolle as plumas de cores a unha silueta que xa fixeran eles.

A semana grande do Entroido na escola comezou o pasado luns cunha primeira festa de disfraces de temática libre, mais previamente no centro xa se viñan desenvolvendo diferentes actividades vinculadas como a elaboración do Ravachol e a decoración do centro coas máscaras que pintaron os propios nenos.

Con esta programación a escola buscaba implicar ás familias no día a día do centro, "involucralos cada vez máis nas actividades, porque eles son tamén parte da escola.

Arquivado en