Comeza a remodelación do nó de bombeiros, que deberá estar rematada en setembro de 2025

Pontevedra
29 de xullo 2024

Este luns comezaron as obras de remodelación da ligazón de Pontevedra norte coa AP-9, no chamado nó de bombeiros, "unha débeda histórica coa cidade de Pontevedra", segundo o delegado gubernativo Pedro Blanco  

Inicio das obras do Nó de Bombeiros
Inicio das obras do Nó de Bombeiros / Gobierno de España

Este luns comezaron as obras de remodelación da ligazón de Pontevedra norte coa AP-9, no chamado nó de bombeiros, "unha débeda histórica coa cidade de Pontevedra" que, segundo o delegado gubernativo, Pedro Blanco, demostra que "o Goberno de Pedro Sánchez cumpre con Pontevedra, mentres outros dedicáronse a prometer esta obra en reiteradas ocasións sen facer nada".

Estas obras supoñen un investimento de 9,9 millóns de euros e a empresa adxudicatraia Comsa deberá telas rematadas en setembro do ano 2025 se se cumpre co prazo previsto.

O arranque dos traballos incluiu un acto de presentación ao que asistiron, ademáis do delegado, a alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; o xefe da Demarcación de Estradas en Galicia, Ángel del Río, e voceiros dos grupos municipais do Concello de Pontevedra, entre outras autoridades.

No seu descurso, Pedro Blanco destacou o "esforzo e investimento sen precedentes" do Executivo central, que "investiu xa máis de 212 millóns de euros en infraestruturas na provincia de Pontevedra". 

Pedro Blanco reivindicou tamén as bonificacións da AP-9, "xa que supoñen un antes e un despois" ao ter permitido "aforrar en só dous anos máis de 100 millóns de euros en peaxes" aos galegos, "e isto mentres se segue traballando para alcanzar a bonificación comprometida do cento por cento".

O enxeñeiro responsable das obras, Federico Saldaña, explicou que esta actuación estará sincronizada coa aplicación dun plan de tráfico que minimice o impacto sobre a circulación rodada nunha zona especialmente sensible de saída e entrada á cidade. 

Coa remodelación, a rotonda da ponte das Correntes gaña protagonismo na distribución do tráfico e incrementa o seu diámetro.

Así, pasarase da actual ligazón coa AP-9, que presenta problemas de funcionalidade en varios dos seus movementos, a unha conexión máis funcional na que as glorietas da ponte e de bombeiros pasan a estar unidas por un tramo de dobre calzada (catro carrís) gracias á duplicación do paso elevado actual.

Ademais créase unha beirarrúa ampla para habilitar un itinerario peonil seguro entre a rúa de Domingo Fontán e a Comandancia da Garda Civil. 

Construiranse novos enlaces coa AP-9 para garantir todos os movementos Vigo-Pontevedra e Pontevedra-Santiago e simplifícaranse as incorporacións en dirección ás estradas autonómicas PO-531 (Vilagarcía) e PO-308 (Sanxenxo-Ponte da Barca).