Comeza a reforma da área infantil da Xunqueira en Ponte Sampaio

Pontevedra
20 de novembro 2022

O Concello retirou os vellos bambáns que se substituirán por outros novos, e iniciou os traballos para ampliar a superficie do parque infantil que pasará a ocupar 225 metros cadrados, fronte aos 145 actuais

Obras de ampliación do parque infantil da Xunqueira en Ponte Sampaio
Obras de ampliación do parque infantil da Xunqueira en Ponte Sampaio / Concello de Pontevedra

Coa retirada das vellas randeeiras iniciáronse os traballos de reforma integral do parque infantil situado na zona de Xunqueira da parroquia de Ponte Sampaio. O Concello recibiu a aprobación por parte do servizo de Costas para poder executar o proxecto.

A instalación será ampliada e pasará de ocupar os 145 metros cadrados actuais para ofrecer unha superficie total de 225 metros cadrados. Esta decisión, segundo o goberno local, adóptase ante a gran influencia de escolares a este recinto. 

A concellería que xestiona Raimundo González Carballo tamén decidiu a retirada do valo actual, que se atopa oxidado. As randeeiras, segundo os técnicos municipais, non eran reparables e decidiuse substituílos. Os bancos de pedra existentes serán retirados durante os traballos para despois reinstalarlos neste espazo.

Ademais, cambiarase o chan actual de caucho; instalarase un valo de madeira de sesenta metros de lonxitude e un metros de altura; ademais de implantar novos elementos dun xogo como un barco, un carrusel giratorio, un minitobogán, un xogo de resorte de dúas prazas e un bambán dobre.

O orzamento total ascende a 48.350 euros, segundo indica o Concello de Pontevedra.