Comeza a limpeza nas franxas de protección de incendios en Barbudo

Ponte Caldelas
12 de marzo 2021

Comezan os traballos de limpeza das franxas de protección de incendios no Concello de Ponte Caldelas. O alcalde, Andrés Díaz, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitaron este venres o inicio dos traballos para manter limpas estas áreas e protexer á poboación fronte ó lume. En total limpiarán 217 parcelas cunha superficie de 11,5 hectáreas en Ponte Caldelas

Andrés Díaz e Luis López visitan o inicio das tareas de limpeza en Barbudo
Andrés Díaz e Luis López visitan o inicio das tareas de limpeza en Barbudo / Concello de Ponte Caldelas

Comezan os traballos de limpeza das franxas de protección de incendios no Concello de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitaron este venres o inicio dos traballos para manter limpas estas áreas e protexer á poboación fronte ó lume. En total limpiarán 217 parcelas cunha superficie de 11,5 hectáreas en Ponte Caldelas.

Os lugares de Anceu, A Esfarrapada e Barbudo foron seleccionados pola Xunta como aldeas de alto risco de incendios e as parcelas que se atopan nestas franxas puideron acollerse ao convenio para a súa limpeza durante dous anos. As parcelas que non estén limpas e non asinen contrato, serán limpadas pola empresa Seaga a través da execución subsidiaria, previa publicación no DOG e no BOE.  

 "É importante que todos os propietarios manteñan limpas as parcelas para protexer as aldeas máis vulnerables ante os incendios", recordan dende o Concello e explican que os terreos que teñan propietario recoñecido deberán pagar unha sanción e ás que figuran como 'descoñecido' quedaranlle cargas.

Pola súa banda, Luis López indica que o obxectivo que ten a Xunta con esta actuación é "protexer as vidas, os bens e as casas dos galegos e, por suposto, a nosa riqueza ambiental, coa súa correspondente vertente económica, polo que xa comezamos este mes de marzo, no que se activou o período de risco medio de lumes, cos desbroces en 14 concellos da provincia".

En total, desbrozarán case 3.000 fincas, cunha superficie global de 240 hectáreas, nos municipios de Ponte Caldelas, Poio, Soutomaior, Arbo, As Neves, A Cañiza, Fornelos de Montes, Mondariz, Mos, Rodeiro, Baiona, Ponteareas, Gondomar e Tomiño.