Comeza a instalación de lombos en Salcedo

Pontevedra
28 de agosto 2017

A instalación de redutores de velocidade (lombos) comezou na zona máis pegada ao cemiterio. Os traballos, adxudicados a E.C. Casas por 122.085 euros teñen un prazo de execución de catro meses

O concelleiro Demetrio Gómez
O concelleiro Demetrio Gómez / PontevedraViva

Este luns comezaron os traballos do plan integral de calmado de tráfico na parroquia de Salcedo, segundo confirmou o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez. A obra foi adxudicada no seu día a E.C. Casas por 122.805 euros e ten un prazo de execución de catro meses.

O proxecto de Salcedo supón a instalación de pasos de peóns elevados en distintos puntos da parroquia, especialmente, naquelas zonas máis poboadas, "seguindo as peticións do consello parroquial así como as recomendacións técnicas municipais", destacan dende o goberno local.

Os traballos comezaron pola zona máis pegada ao cemiterio.

A instalación destes pasos elevados vense a sumar aos que xa foron instalados na parroquia cando se foron realizando traballos de mellora do firme.

O plan integral de calmado de tráfico enmárcase dentro da intención do goberno local  de trasladar as medidas de seguridade de tráfico das vías municipais urbanas ao ámbito rural fixando as prioridades de mobilidade que hai na cidade: primeiro o peón, segundo as bicicletas, e terceiro o transporte motorizado.

"A instalación de lombos deixará clara as preferencias de mobilidade nas parroquias", sinalan.