Comeza a festa co Memorial Ricardo Portela

Pontevedra
04 de xullo 2016

A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza un ano máis, e xa van dezasete, o Memorial Ricardo Portela que o sábado fará unha homenaxe a Basilio Carril, gaiteiro e lutier

Comeza a festa co Memorial Ricardo Portela
Comeza a festa co Memorial Ricardo Portela / Mónica Patxot

A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza un ano máis, e xa van dezasete, o Memorial Ricardo Portela que o sábado fará unha homenaxe a Basilio Carril, gaiteiro e lutier.

A mostra de artesanía, actuacións e Pasarrúas animarán o centro urbano de Pontevedra o venres 8 e o sábado 9 de xullo, a praza da Ferrería centrará as actividades programadas. É a primeira cita festiva da programación de verán na Boa Vila.

O portavoz da Asociación de Gaiteiros de Galicia, Alberto Pires, non dubidou en cualificar o memorial como un "referente" e a concelleira de festas, Carme da Silva, destacou a oportunidade que supón este evento para quen desexe falar cos artesáns, ata doce lutieres instalarán as súas casetas na Ferrería exhibindo os instrumentos que construíron.

Como esta cita xa se consolidou na cultura galega polo seu "enorme calidade", a organización optou por prescindir do concurso.

  • Venres 8 de xullo
    • De 17 a 21.30 horas. Abre a XIV Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais. 
    • 20.00 horas. Pasarrúas de Son d’aquí
    • 21.00 horas. Actuación de Cantata Vernácula, na Praza da Ferrería
  • Sábado 9 de xullo
    • De 11.30 a 14.00 horas e de 17 a 21.30 horas. Abre a XIV Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais. 
    • 12.00 horas. Pasarrúas do grupo De Viascón
    • 19.30 horas. Pasarrúas dos grupos Gaiteiros das Rías Baixas e Ludovaina
    • 21.00 horas. Homenaxe a Basilio Carril
    • 21.15 horas. Actuación de Os Carunchos.

 

Arquivado en