O Concello de Marín empezou a confeccionar o programa do Entroido 2019.
Desde a área de cultura do concello, informaron que a súa intención é a de seguir potenciando a participación das distintas asociacións.
Trabállase no deseño do cartel, na organización dos distintos desfiles, na redacción das bases que rexerán os premios e mantéñense reunións cos colectivos de forman parte do entroido.
O Entroido marinense comeza o sábado e manterá actividades ata o Mércores de Cinza.