Comerciantes de Combarro denuncian aos manteiros por competencia desleal

Poio
17 de xullo 2022

A Policía Local de Poio informou que estes días recibiu chamadas de varios comerciantes de Combarro que denunciaban aos manteiros que se instalan na vila por competencia desleal, ao exercer a venda ambulante sen autorización municipal nin o pago das correspondentes taxas

Postos de venda ambulante no paseo de Combarro
Postos de venda ambulante no paseo de Combarro / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio informou que estes días recibiu chamadas de varios comerciantes de Combarro que denunciaban aos manteiros que se instalan na vila por competencia desleal, ao exercer a venda ambulante sen autorización municipal nin o pago das correspondentes taxas. 

Os manteiros que sexan identificados por exercer esta actividade sen licenza serán denunciados pola vía administrativa, advirte a Policía Local.

CONVENIO COA UNED

Por outra banda, o Concello de Poio e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) veñen de firman un novo convenio de colaboración que permite que un grupo de alumnos do Máster en Seguridade deste centro educativo realicen as súas prácticas formativas na sede da Policía Local de Poio

As prácticas comezaron esta semana e prolongaranse ata o 30 de setembro. Está previsto que as sesións sexan totalmente presenciais, e realizarán as prácticas na sede da Xefatura baixo a supervisión do xefe da Policía Local titulado en Criminoloxía.

Este convenio amplía o xa subscrito cos alumnos do Grao en criminoloxía que xa viñan facendo as prácticas por segundo ano consecutivo, polo que na actualidade na xefatura da Policía Local de Poio coinciden os alumnos en prácticas das dúas titulacións ata finais de setembro.

No caso do Máster en Seguridade os alumnos deben coñecer as principais dimensións dos conceptos como o crime, o delincuente, a víctima e o control social. Diferenciar as peculiaridades psicolóxicas e sociais da realidade criminolóxica observada e as diferencias entre a proxección do crime polos medios de comunicación e o crime percibido pola opinión pública. O estudio da Seguridade dende un plano multidisciplinar aplicando os coñecementos adquiridos na investigación empírica do control e prevención da inseguridade real e vivencias das sociedades actuais.

Neste caso se van centrar no estudo da Poboación do Bao, a súa historia e evolución dende os comezos do asentento en Poio. Se analizará a Seguridade Pública, os aspectos sociais e educativos, o tipo de delincuencia, o agresor, as víctimas. A implicación da sociedade e das administracións en cuestións de Seguridade Pública, últimos altercados e estado actual da Seguridade.

Está experiencia é moi beneficiosa tantos para os alumnos como para os profesionais da Policía Local xa que o traballo conxunto é moi satisfatorio.