O 7 de decembro de 2024, máis de dous mil propietarios de Tesla participaron nun espectáculo de luces de Tesla personalizado de ámbito mundial para celebrar as festas de Nadal.
Desde Nova Zelandia até Hawai e pasando por Combarro, o vídeo presentouse durante 24 horas de país en país e de continente en continente.
Desde o Concello de Poio aseguraron que é "un orgullo formar parte deste evento a nivel mundial", e aseguraron que este tipo de iniciativas "permíte seguir pondo ao noso concello no mapa".
"O Show Mundial de Nadal de Tesla gravouse en EEUU, Canadá, Australia, México, Nova Zelanda, Suíza, Hungría, Países Baixos, Portugal, República Checa... Madrid, Barcelona, Cuenca e Poio!", publica nas súas redes sociais o Concello de Poio.
Activando o 'Modo Nadal', o Tesla convértese nunha máquina de luces e sons, facendo un particular show coas portas de gaivota, os faros e o equipo de música.