O Entroido de Poio, o máis longo da comarca, encara a súa recta final. Fíxoo co tradicional Enterro do Mexillón que, un ano máis, celebrouse en Combarro.
Centos de persoas participaron no desfile acompañando ao defunto que, posteriormente, foi incinerado na Praza da Chousa. E todo iso baixo unha mañá asollada que animou a que se rexistrase unha gran asistencia de público.
A comitiva percorreu o paseo marítimo, acompañado de varias das comparsas do municipio como o grupo de entroido de Samieira e as comparsas Os 100 Tolos e Os Canecos.
A asociación Ateneo Corredoira é a organizadora do Enterro do Mexillón, coa colaboración do Concello de Poio.