A ameaza climatolóxica non freou as ganas de entroido en Caldas de Reis, cun concorrido desfile este domingo 11 de febreiro que estreou percorrido polo centro da vila.
A xornada contou cunha gran participación de grupos, comparsas e disfraces dandolle cor a unha das citas grandes do Entroido local.
O desfile partiu ao redor das 17.00 horas do Paseo Román López para dirixirse pola rúa das Palmeiras e terminar pola rúa Real de novo cara ao Paseo Román López.
Tras a marcha a entrega de premios ás mellores propostas celebrouse no Auditorio.