O Colexio Internacional pontevedrés SEK Atlántico súmase, un ano máis, ao programa de visitas a Sogama

Poio
19 de decembro 2024

Preto de medio cento de estudantes de 1º de Bacharelato viaxaron a Cerceda para coñecer a actividade desta empresa pública e experimentar un percorrido virtual polo seu Complexo Medioambiental

O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita Sogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita Sogama / Sogama

Un ano máis, o Colexio Internacional SEK Atlántico, con sede no municipio pontevedrés de Poio, sumouse ao programa de visitas a Sogama, contemplándose xa como unha das actividades de peso na súa planificación curricular.

Nesta ocasión, foron preto de medio cento de estudantes de 1º de Bacharelato Internacional os que puideron coñecer a infraestrutura industrial na que cada día se procesan máis de 2 millóns de quilos de residuos producidos polos 295 concellos adheridos ao seu sistema de xestión, entre os que se atopa o de Poio.

A xornada arrincou coas explicacións dos educadores, abordando cuestións tan relevantes como a problemática asociada á elevada produción de lixo, a necesidade de previr e reducir a súa xeración, de alongar a vida útil dos produtos, así como de seleccionar os residuos por tipos de material e introducilos no contedor correspondente para que poidan ser reciclados, co conseguinte aforro de enerxía e materias primas.

A través de lentes inmersivos 360º, os mozos realizaron un percorrido virtual polas distintas plantas que conforman o Complexo Medioambiental de Cerceda, seguindo desta forma o tratamento que reciben os refugallos desde que entran nas instalacións ata que saen das mesmas convertidos en recursos, ben para ser reciclados nos correspondentes centros de transformación, ben para ser valorizados enerxéticamente, no caso da fracción non reciclable.

Desta forma, a compañía cumpre rigorosamente coa pirámide xerárquica da xestión de residuos establecida pola Unión Europea, que debe comezar coa redución, proseguir coa reutilización e a reciclaxe, e culminar coa recuperación enerxética daquela parte dos residuos que, dadas as súas características, non pode ser reutilizada nin reciclada, minimizando desta forma o uso do vertedoiro, a última alternativa debido ao seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.

O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita Sogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita SogamaSogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita Sogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita SogamaSogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita Sogama
O Colexio internacional pontevedrés SEK Atlántico visita SogamaSogama