Greenpeace, Adega, APDR, A Rente do Chan-Pladever, Petón do Lobo, Contraminate, AEMS-Ríos con vida, Blue Rievers Foundation, Sos Suido Seixo e Ecoloxistas en Accións sumaronse á veciñanza no rexeitamento do estudio que propón a creación dun encoro no río Oitavén e o trasvasemento no Verdugo como solución para abastecer de auga a Vigo e ao sur da provincia.
O movemento ecoloxista asinou o manifesto da Plataforma pola Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén-Encoro Non, que celebrou a súa asemblea aberta constituínte este sábado no Centro Sociocultural de Forzáns.
Por outra banda, os asistentes á asemblea renovaron o seu compromiso de participar en todas as mobilizacións e actos de protesta que se celebren en contra do encoro e o transvasamento, polo que a Plataforma asistirá á manifestación convocada para este domingo diante do Consistorio de Ponte Caldelas.
Ademais, dentro dunha serie de actuacións de protesta e sensibilización social, está previsto realizar unha xornada de limpeza e erradicación e especies invasoras no río Oitavén ademais de conmemorar a Gran Semana da Biodiversidade cun estudo sobre a flora e fauna no tramo que se vería afectado polo encoro, entre Forzáns e Vilán.
Por último elixiuse a Pilar Fernández, presidenta da Asociación de Veciños de Forzáns, como voceira da plataforma.