A colaboración veciñal permite mellorar o acceso aos Martices, en Borela

Cerdedo-Cotobade
23 de outubro 2024

A cesión gratuíta dos terreos permitiu ampliar o radio dunha curva e mellorar a accesibilidade neste lugar da parroquia de Rebordelo

Vial de acceso aos Martices, en Borela
Vial de acceso aos Martices, en Borela / Concello de Cerdedo-Cotobade

A colaboración veciñal, a través da cesión gratuíta dos terreos, permitiu ampliar o radio dunha curva e mellorar a accesibilidade no lugar dos Martices na parroquia de Rebordelo.

A actuación beneficia a un número importante de vivendas e tamén ao entorno da capela de San Brais.

Estas obras foron financiadas polo Plan +Provincia da Deputación e executounas a empresa Construcciones Caldevergazo, de Ponte Cadelas.

Houbo que retranquear o muro de sostemento alí existente e levar a cabo a súa reposición con pedra de perpiaño que axudaran a conter o terreo da finca sobre a que se tivo que facer a maior cesión.

Unha vez rematado ese proceso, realizouse unha repavimentación integral con aglomerado en quente.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo tenente de alcalde Fernando Vázquez e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, asistiron ao remate das obras.

O alcalde manifestou a súa satisfacción e deu por cumplida a promesa feita á veciñanza. 

"Somos xente de palabra e imos acometendo as melloras prometidas en función da disponibilidade e das xestións de recursos", indicou Cubela.