O vindeiro domingo, 30 de xullo, abre un mes de limpeza nos ríos da contorna de Pontevedra. A asociación ecoloxista Vaipolorío inicia a XXIII Campaña de limpeza do río Cocho -Toxal-Tomeza-Gafos.
Con esta campaña, Vaipolorío suma 23 anos "protexendo ,estudando e divulgando o río dos Gafos".
Haberá sesións de limpeza cada domingo ata o 27 de agosto co obxectivo de mellorar a situación destes ríos afluentes do Gafos.
O punto de encontro será cada domingo ás 10.00 horas diante do Albergue dos Peregrinos da rúa Otero Pedrayo.
O colectivo convida a toda xente que queira participar nunha xornada ou varias de limpeza a que se poña en contacto con Vaipolorío no número de teléfono 676 842 942. Deben contactar antes de cada venres para reservar.