Circula a gran velocidade por Bueu, minora ao ver á Garda Civil e píllano con 150 gramos de haxix

Bueu
22 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A Garda Civil detivo na tarde deste xoves 21 de marzo un veciño de Pontevedra de 23 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Quedou en liberdade, á espera de que o xulgado o chame a declarar. Cónstanlle distintas infraccións por consumo e tráfico de drogas

Haxix intervido
Haxix intervido / Guardia Civil

A Garda Civil detivo na tarde deste xoves 21 de marzo un veciño de Pontevedra de 23 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas tras sorprendelo en posesión de 150 gramos de haxix.

As circunstancias da detención son tamén rechamantes. Axentes da Garda Civil dos postos de Marín e de Moaña tiñan instalado un punto de verificación en Bueu cando observaron un vehículo circulando a gran velocidade e que, cando detectou a súa presenza, minorou de forma brusca.

Os axentes procederon a dar o alto ao turismo e a realizar un rexistro no seu interior. Dentro localizaron, no caixón que está debaixo do asento do condutor, dúas tabletas dunha substancia que puidese ser haxix.

O haxix pesaba 150 gramos e procederon á detención do condutor e o seu traslado ao cuartel da Garda Civil de Marín.

Pouco despois, quedou en liberdade, á espera de que o Xulgado de Instrución número 2 de Marín o cite a declarar.

A este mozo cónstanlle distintas infraccións por consumo e tráfico de drogas