O Concello de Marín confirmou o fin dos traballos de renovación e colocación de novos puntos de luz en Seixo.
En concreto colocáronse 78 luminarias de baixo consumo, dotadas con tecnoloxía LED.
Os novos puntos de luz colocáronse nas rúas Camiño Vello, Grupo Escolar, María González Rubido, Estrada da Torre e desde a ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas.
A actuación supuxo un investimento de 37.954 euros que foi cofinanciada polo Fondo de Compensación Medio Ambiental da Xunta de Galicia.