Cinco espazos singulares de Pontevedra abren as súas portas na Semana do Patrimonio Invisible

Pontevedra
08 de xullo 2021

Tres lugares novos, o Arquivo Histórico provincial, o depósito e o cemiterio de San Amaro e os xardíns de Lourizán, e dous que repiten, Villa Pilar e o colexio Sagrado Corazón de Praceres. Serán os cinco espazos que se poidan visitar dentro da Semana do Patrimonio Invisible

Presentación da segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible
Presentación da segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible / Cristina Saiz

Tres lugares novos, o Arquivo Histórico provincial, o depósito e o cemiterio de San Amaro e os xardíns de Lourizán, e dous que repiten, Villa Pilar e o colexio Sagrado Corazón de Praceres. Serán os cinco espazos que se poidan visitar dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

A segunda edición deste programa desenvolverase entre os días 15 e 17 de xullo. Será preciso inscribirse previamente, a partir deste sábado ás 11:00 horas, en www.patrimonioinvisible.gal.

As visitas serán en grupos reducidos, entre doce e quince persoas dependendo do espazo, segundo explicou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda.

Estas visitas guiadas se fundamentan na filosofía de poñer en valor o patrimonio "dándoo a coñecer á veciñanza", ofrecendo aos visitantes unha "experiencia cultural única", engadiu Moreda, xa que estes espazos "normalmente non están accesibles".

As visitas terán unha duración dunha hora cada unha e serán guiadas por persoal especializado que dará a coñecer estes espazos con rigor histórico.

Durante o percorrido, abordaranse cuestións relacionadas coa arquitectura e a súa historia particular, como o tipo de construción ao que responden ou mesmo as familias que os habitaron en diferentes épocas.