Cinco emprendedoras de Cerdedo-Cotobade serán homenaxeadas o 8M

Cerdedo-Cotobade
05 de marzo 2024

Trátase de Marina Fontenla Enríquez, Belén López Díaz, Josefa Fraguas, Carmen Troitiño e Mar Ambroa

Consistorio de Cerdedo-Cotobade
Consistorio de Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou este martes o acto de homenaxe a cinco mulleres emprendedoras que terá lugar o vindeiro venres 8 de marzo no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo, a partir das 12:15 horas, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller.

A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) e o Concello homenaxearán a: Marina Fontenla Enríquez, propietaria de Casa Conchi, en San Xurxo de Sacos; Belen López Díaz, veciña tamén desta parroquia de San Xurxo, que puxo en marcha un supermercado e carnicería en Carballedo durante 32 anos, ata que se xubilou. 

Outra das homenaxeadas será Josefa Fraguas que foi dona dun bar en Caroi; Carmen Troitiño, quen fora cociñeira e tivo o coñecido bar O Comareiro, en Cerdedo e Mar Ambroa, proposta por Femupo, polos seus logros profesionais no sector da cadea mar-industria.

Arquivado en