Cinco coches víronse afectados por un incendio en Poio

Poio
14 de xuño 2023

Un particular contactou coa central de emerxencias dez minutos antes das catro da madrugada para informar sobre un coche que estaba a arder pola parte do motor nun aparcamento localizado na avenida de San Xoán

Cinco coches víronse afectados por un incendio en Poio
Cinco coches víronse afectados por un incendio en Poio / Protección Civil de Poio

Ata cinco vehículos víronse afectados por un incendio sen producir danos persoais en Poio.

Segundo informou o 112-Galicia, as chamas calcinaron dous vehículos por completo e afectaron a outros tres que se atopaban nas proximidades.

Un particular contactou coa central de emerxencias dez minutos antes das catro da madrugada para informar sobre un coche que estaba a arder pola parte do motor nun aparcamento localizado na avenida de San Xoán.

O vehículo circulaba pola estrada cando comezou a humear, e o condutor apartouno da vía, o que provocou que as chamas se comezasen a propagarse por outros coches estacionados no lugar.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron os Bombeiros de Ribadumia, ao Servizo de Emerxencias-GES de Sanxenxo, á Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil de Poio.

Os servizos de extinción traballaron para extinguir o lume, que por fortuna non produciu danos persoais.