A flota cefalopodera galega leva meses pelexando por volver ás augas do caladoiro mauritano sen obter polo momento recompensa.
Segundo advirte Xabier Aboi, secretario xeral de CIG-Mar, quedou demostrado que non se trata dun problema de esgotamento de recursos, tal e como recollen diversos estudos científicos, pero os barcos seguen sen non poder faenar ante a falta de acordo co país africano.
A situación irrita os mariñeiros, pero faino máis se cabe que barcos chineses, segundo a denuncia de Aboi, volvesen ás augas mauritanas a pesar de non cumprir o acordo asinado entre os dous países e evidenciar deficiencias, "non interviron en terra e non levan nigún tripulante mauritano, cando nós tiñamos que levar o 60% dos mariñeiros daquela zona. Se non hai pulpo por que hai chinos? Se a nós nos esixen controis, por que a eles non?".
O único xeito de poñer un remedio ao asunto pasa polo Parlamento Europeo, onde unha Comisión de Pesca analiza o problema. Por ese motivo Xabier Aboi aventurouse a esixir aos deputados españois que voten a favor dos intereses galegos ou se ateñan ás consecuencias, "non imos tolerar que voten en contra desta flota. Chámese ou non escrache os eurodeputados que estean aquí se van a enterar porque os vamos a perseguir, non na súa casa pero públicamente".
O dirixente sindicalista, apoiándose en informacións de medios de comunicación de Mauritania, asegura que ademais se interviñeron contenedores nos barcos chineses con carne de ave, concretamente de albatros, unha especie protexida en Europa, "como poden permitilo? "