A concelleira de Cidadáns Pontevedra, María Rey, reclama que a reforma de Mariscal Pardo de Cela, a rúa que conecta Virxe do Camiño con Peregrina-avenida de Vigo, se estenda a toda a rúa e non unicamente a un tramo, como se está executando na actualidade.
A edil fíxose eco das protestas de empresarios da zona, que reclaman tamén este proxecto, e subliñou que "non se poden parchear obras".
Rey subliña que "hai que ter unha visión integral e non executar obras pola présa das eleccións municipais". A este respecto, Cidadáns critica tamén que despois de tres anos de parón, "ao goberno municipal deulle agora, casualmente, por levantar media Pontevedra".
Cidadáns xa presentara un rogo o pasado ano para que o Concello leva a cabo un estudo da zona de Mariscal Pardo de Cela para garantir a seguridade no tránsito dos cidadáns, especialmente no caso das escaleiras que dan acceso á rúa Eduardo Pondal, e pola existencia duns valos de seguridade dunha edificación que non se chegou a realizar na rúa.