O programa co que Cidadáns concorrerá ás eleccións municipais do próximo 26 de maio incluirá neste sentido unha proposta concreta para instalar desfibriladores en distintos espazos públicos da cidade, entre os que terán prioridade os de maior tránsito de persoas.
O número uno da lista de Cidadáns Pontevedra, Goyo Revenga, considera que a instalación destes aparellos "pode contribuír significativamente a salvar vidas". Neste sentido, lembra que o índice de supervivencia tras un paro cardíaco producido fóra do ámbito hospitalario "pode incrementarse considerablemente, como sinalan os expertos, se se instalan desfibriladores de forma masiva".
Doutra banda, dentro do apartado dedicado á saúde pública, o programa de Cs Pontevedra inclúe tamén a esixencia á Xunta de Galicia da "máxima celeridade" nos prazos do Gran Montecelo.
Así mesmo, Goyo Revenga indicou que se pretende intensificar a colaboración con colectivos sociosanitarios "para promover con eles accións de vida saudable, así como campañas de concienciación en doazóns".