Chulas de mexillóns en salsa de 'mojo' verde Pescamar

Pontevedra
28 de xuño 2020

Unha receita que funciona moi ben como entrante e coa que aproveitaremos todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Chulas con salsa verde
Chulas con salsa verde / BreakingTravelNews en Flickr

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que funciona ben como entrante e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Nesta ocasión, imos preparar a receita coa variedade de Pescamar de mexillón en salsa de mojo verde, que nos vai permitir reservar o prebe para presentalo xunto ás chulas e poder untalas lixeiramente.

Para preparar unhas saborosas Chulas de mexillóns en salsa de mojo verde Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas demexillóns en salsa de mojo verde Pescamar

- Manteiga ou margarina

- 180 g. de puré de pataca

- 2 ovos

- 1 cullerada rasa de fermento en po

- ¼  l. de aceite

- ¼  l. de auga

Preparación:

Poñemos no lume un cazo con auga e manteiga (ou margarina) e, cando estea ben quente, engadimos o puré de pataca e mesturamos ata que quede moi espeso. Reservamos un pequena cantidade de puré para usala máis tarde.

Tomamos as dúas latas de mexillóns en salsa de mojo verde Pescamar. Reservamos a salsa. Engadimos os mexillóns á masa. Mesturamos a lume lento.

A continuación, incorporamos os ovos, un a un, e o fermento. Deixamos repousar 2 minutos.

Poñemos o aceite para quentar e fritimos en porcións arredondadas.

Nunha manga pasteleira, engadimos o puré restante e decoramos con el un prato, sobre o que se situarán as chulas. Poñeremos nun cunco a salsa de mojo verde das latas que reservaramos para que sirva como acompañamento e poder untar con ela lixeiramente as chulas.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.