A XV Feira Franca mira ao ceo, e non só pola temática escollida para a ocasión, a astronomía, senón pola posibilidade de chuvascos durante o seu día grande.
A festa medieval arrancará este venres cun espectáculo musical, teatral e circense na Praza da Ferrería para o que se espera unha agradable noite.
Non obstante, segundo a predición de Meteogalicia, a chuvia ameaza con facer acto de presenza este sábado, en plena Feira Franca.
Así, o servizo meteorolóxico galego advirte de "un día de ceos con intervalos anubrados e chuvascos treboentos, máis xeneralizados pola tarde e noite".
Pola contra as temperaturas si serán agradables, cunha mínima esperada de 18 graos e unha máxima de 23.