Choverá durante a Semana Grande da Peregrina?

Pontevedra
09 de agosto 2024

A partir da próxima semana, Meteogalicia prevé un cambio nas condicións meteorolóxicas, cunha diminución da influencia anticiclónica. Isto traerá consigo un descenso de temperaturas e un aumento da posibilidade de precipitacións, poñendo fin a onda de calor extrema

Instalación do alumeado para as festas de verán
Instalación do alumeado para as festas de verán / Mónica Patxot

A partir da próxima semana, Meteogalicia prevé un cambio nas condicións meteorolóxicas, cunha diminución da influencia anticiclónica. Isto traerá consigo un descenso de temperaturas e un aumento da posibilidade de precipitacións, poñendo fin a onda de calor extrema.

Así, para o vindeiro luns 12 de agosto os técnicos de Meteogalicia sitúan a probabilidade de que chova nun 65%. Para o martes baixa ao 55% e para o mércores chega ao 70%.

Mentres tanto, durante este venres a Península Ibérica enfróntase á cuarta onda de calor do verán, que en Galicia afectará especialmente á provincia de Ourense.

A Xunta de Galicia activou este xoves o nivel amarelo por calor na comarca de Valdeorras.

Espérase unha fin de semana con máximas que superarán os 34 graos en Pontevedra.

 

 

O sábado continuaremos influenciados por as altas presións cunha masa de aire moi cálido sobre Galicia.

Durante o domingo, a chegada de aire frío en capas altas dará lugar a un aumento da inestabilidade atmosférica.

Na próxima semana perdemos a influencia anticiclónica, con aumento da probabilidade de precipitacións e baixada de temperaturas, quedando mesmo en valores baixos para a época do ano.