Sobre as doce e media da noite deste sábado, unha muller resultou ferida en Bueu despois de chocar o vehículo que conducía contra un camión do lixo. Circulaba pola estrada do cemiterio, á altura do número 92.
Por fortuna, aínda que nun primeiro momento sospeitábase que a muller podía estar atrapada e ferida no interior do vehículo, o seu estado non parecía revestir gravidade.
Segundo indicaron os Bombeiros do Morrazo, que acudiron ao momento nada máis ser alertados, a condutora estaba totalmente liberada e accesible.
Foi a Policía Local quen chamou ao 112 para informar do accidente. Os axentes foran alertados por un particular e que lles advertiu de que se trataba dun accidente grave entre un coche e un camión do lixo.
Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo e dos axentes de Tráfico. Tamén foi precisa a intervención do persoal de mantemento da vía.
O persoal sanitario encargouse da evacuación da persoa ferida.