Un condutor resultou ferido despois de sufrir un accidente de tráfico ao saírse co seu coche da vía e contra unha árbore.
O suceso tivo lugar á unha da tarde deste luns no lugar de Souto, en Moraña, nas inmediacións da Escola Unitaria de Educación Infantil de Lamas.
Segundo informaron desde Protección Civil de Cuntis, o condutor sufriu un mareo e perdeu o control do vehículo invadindo o carril contrario ata bater contra un carballo.
Este home foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro sanitario de Pontevedra cun corte nun brazo e fortes dores no peito. Ademais, indicou que fora operado recentemente das costas.