A Festa do Codillo da Lama rexistrou un cheo de público que desafiou á intensa choiva que durante toda a xornada acompañou a este evento gastronómico.
O alcalde David Carrera recibiu a visita do conselleiro de Cultura, José López, o presidente da Deputación, Luís López, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
O Cátering Arelas, de Gondomar, repartiu as racións de codillo estofado con guarnición de patacas asadas, con cenorias e chícharos. E tamén houbo oportunidade de mercar queixo, mel, repostería caseira e as populares filloas de Valongo. Mesmo montouse un posto de polbo á feira.
A Banda de Gaitas Os Catro Ventos amenizou a xornada xunto á Charanga Chargandonga que animou o evento co seu humor e o seu ritmo característicos.
A maioría dos comensais que se deron cita na festa mercaros os seus tickets de xeito anticipado o que axilizou todo o proceso para despachar as racións.
Esta xornada gastronómica incluíu un concerto da Banda de Música Municipal da Lama.