Cheo absoluto na primeira eliminatoria do Concurso de Murgas

Pontevedra
17 de febreiro 2015

Seis agrupacións inauguraron a XXIV edición do certame nun abarrotado Pazo da Cultura de Pontevedra. O mércores ás 21:00 horas, quenda da segunda semifinal

Primeira semifinal do XXIV Concurso de Murgas. Murga do Naveiro
Primeira semifinal do XXIV Concurso de Murgas. Murga do Naveiro / Diego Torrado

Os pontevedreses respaldaron un ano máis co Concurso de Murgas, que iniciou a súa XXIV edición este luns coa primeira semifinal.

Un abarrotado Pazo da Cultura recibiu a seis agrupacións que se encargaron de poñer o humor coas súas chirigotas e provocar as gargalladas dos presentes repasando todos os temas que foron actualidade local no último ano, como o premio que recibirá Pontevedra polo seu modelo urbano en Dubai, a polémica construción de A-57 ou a planta de compostaxe, entre outros.

A primeira eliminatoria protagonizárona Os de Noalla, Os Garoulos, Don Jo-Don, Os do Val do Lérez, Amoriños de Bora e Murga do Naveiro.

Para o Mércores de Cinza, 18 de febreiro, queda a segunda semifinal, tamén ás 21:00 horas no Pazo da Cultura e a presenza das cinco formacións restantes: Artistas no pasado presente futuro, Murga PTV Miguelianas, Murga Femenina de Pontevedra, Os da Baiuca e Equipo Ja.

A final do XXIV Concurso de Murgas celebrarase o xoves 19.

Arquivado en