Chenoa, de 'relaxing' vacacións e shopping en Sanxenxo

Sanxenxo
29 de abril 2014

A famosa 'triunfita' Chenoa está en plena campaña de promoción do seu último traballo discográfico, Otra dirección, pero decidiu darse un respiro e está a pasar unhas pequenas vacacións nas Rías Baixas. Elixiu como destino Sanxenxo e, aínda que evita poñer o nome da localidade, si presume da experiencia a través das súas contas en diversas redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram  

Chenoa nunha praia de Sanxenxo
Chenoa nunha praia de Sanxenxo

A famosa 'triunfita' Chenoa está en plena campaña de promoción do seu último traballo discográfico, Otra dirección, pero decidiu darse un respiro e está a pasar unhas pequenas vacacións nas Rías Baixas. Elixiu como destino Sanxenxo e, aínda que evita poñer o nome da localidade, si presume da experiencia a través das súas contas en diversas redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram.

Nas redes publicou as súas fotos vacacionais, das que tamén se fixo eco Turismo de Sanxenxo e que mostran á cantante relaxada e gozando da tranquilidade desta vila turística en tempada baixa.

A cantante alóxase en pleno centro da vila, no paseo de Silgar, en compañía dunha amiga, e ademais de descansar e dar paseos pola praia ou o porto deportivo tamén dedica boa parte do seu tempo ás compras. Estivo en varias ocasións nunha tenda de roupa cuxa propietaria tamén presume na súa páxina de Facebook da súa nova clienta e de que xa estreou un dos suadoiros recén adquirido no establecemento.

Durante a súa estanza tamén coincidiu a publicación do vídeo promocional do seu tema De lo malo lo mejor e dende Sanxenxo aproveita para dirixirse ás súas fans e emprazalos ao seu próximo concerto o 2 de maio no Teatre Ateneu de Cerdanyola del Vallés. "Descansando unos días!!! Nos vemos el 2 de mayo en Cerdanyola. No faltéis!", dilles a través de Facebook.