Chegou o día: 773.522 pontevedreses están chamados a decidir o futuro de Galicia na provincia, 66.791 na capital

Pontevedra
18 de febreiro 2024

Nos 61 municipios da provincia constituiranse 1.343 mesas distribuídas en 661 locais electorais. No municipio de Pontevedra poderase depositar unha papeleta na urna en 106 mesas. Un dispositivo de seguridade con 2.277 efectivos traballará para garantir a normalidade no exercicio do dereito ao voto 

Páxina oficial das eleccións autonomícas do 18F
Páxina oficial das eleccións autonomícas do 18F /

Alfonso Rueda (PP), Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSOE), Marta Lois (Sumar), Isabel Faraldo (Podemos), Amando Ojea (Democracia Ourensana), Pachi Vázquez (Espazo Galeguista) e Álvaro Diaz-Mella (Vox). Son os principales candidatos que este domingo 18 de febreiro encabezan as papeletas nunha xornada decisiva para Galicia, as eleccions autonómicas. 

Entre estas e outras candidaturas deberán elixir os galegos e galegas ao seu futuro presidente da Xunta, apostando pola continuidade de Alfonso Rueda ou por un goberno de cambio que, segundo as enquisas, estaría liderado por Ana Pontón

En toda a comunidade están chamados a votar 2.217.089 electores en 3.951 mesas electorais. Deles,  773.522 son da provincia de Pontevedra e 66.791 da capital.

Nos 61 municipios da provincia constituiranse 1.343 mesas distribuídas en 661 locais electorais. Nelas poderán votar os 773.522 electores e electoras residentes na provincia (CER,), do total das 911.704 persoas que compoñen o censo electoral en Pontevedra. As 138.182 persoas restantes son residentes no estranxeiro (CERA).

No municipio de Pontevedra poder depositar unha papeleta na urna este domingo 66.791 persoas en 106 mesas

Para garantir que a xornada electoral se desenvolva sen incidencias, a Delegación do Goberno deseñou un dispositivo a cargo das Forzas e Corpos de Seguridade estatais, autonómicos e locais con 2.277 efectivos. Todos traballarán para garantir a normalidade no exercicio do dereito ao voto durante esta xornada.

Na provincia de Pontevedra, a Garda Civil despregará 1.180 axentes e a Policía Nacional, outros 819 axentes. Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita da Policía Nacional sumará 38 efectivos e os distintos corpos de Policía Local, 240.

Arquivado en