Chega o último día do Campamento de Nadal de Soutomaior

Soutomaior
29 de decembro 2023

Nesta xornada de peche, os máis de 50 participantes recibiron a visita do alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, que lles desexaron un 2024 "cheo de alegrías e de ilusión"

O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa no campamento de Nadal
O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa no campamento de Nadal / Concello de Soutomaior

Dentro do chamado Nadal das Persoas, o Concello de Soutomaior promoveu un Campamento de Nadal

Unha cita organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) dende o pasado luns 26 ata este venres 29 de decembro. A actividade tivo lugar no Multiusos de Arcade e contou coa participación de máis de 50 pequenos e pequenas de entre 3 a 14 anos

Para favorecer a conciliación, o campamento contou con 4 opcións de horario que se estendeu dende as 8 da mañá ata ás 15:00 h. todos os días. 

Nesta xornada de peche, recibiron a visita do alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, que lles desexaron un 2024 "cheo de alegrías e de ilusión". 

Foron días de obradoiros vencellados co Nadal que remataban cunha actividade lúdica que permitiu, aos que se animaron, marchar ás súas casas caracterizados da personaxe que desexaron grazas a un pintacaras.