Chega a Vuelta a Pontevedra: comproba que rúas se cortan, onde non podes aparcar... e moito máis

Pontevedra
25 de agosto 2013

A saída da segunda etapa da Vuelta Ciclista a España obriga á Policía Local de Pontevedra a poñer en marcha un operativo especial de tráfico que conleva restricións de circulación o propio domingo e prohibición do estacionamento en diversas rúas xa desde a noite do sábado. Todo un esforzo operativo para que a proba deportiva se poida celebrar coas máximas garantías de seguridade

A saída da segunda etapa da Vuelta Ciclista a España obriga á Policía Local de Pontevedra a poñer en marcha un operativo especial de tráfico que conleva restricións de circulación o propio domingo e prohibición do estacionamento en diversas rúas xa desde a noite do sábado. Todo un esforzo operativo para que a proba deportiva se poida celebrar coas máximas garantías de seguridade.

Segundo a previsión do rutómetro da Volta Ciclista a España, a saída dende Pontevedra será ás 13:00 horas dende a Praza de España e a saída oficial de carreira as 13:20 horas dende o No do Pino.

Os 20 minutos é o tempo que se calcula como saída  neutralizada facendo un amplo percorrido por distintas rúas da cidade: Praza España, Michelena, Praza Peregrina, Cobián Roffignac, Padre Amoedo, Avenida Bos Aires, Avenida Uruguai, Ponte das Correntes, Domingo Fontán, Ponte do Burgo, Avenida Bos Aires, Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, Casimiro Gómez, Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Sagasta, Peregrina e Avenida de Vigo.

Dende primeira hora da mañá a organización da volta ciclista se concentrará nas seguintes rúas: Raíña Vitoria, Alameda, Echegarai,  Arcebispo Malvar e a Praza de España, o que obrigará ao peche total das citadas rúas a partir das 07:00 horas. O peche ao tráfico das rúas citadas esixía que o estacionamento se prohibise xa desde as 22:00 horas do sábado.

Por razóns de seguridade, a partir das 07:00 horas está prohibido estacionar nas seguintes rúas do circuíto: Cobían Roffignac/Padre Amoedo, confluencia Padre Fernando Olmedo con Casimiro Gómez e Doutor Loureiro Crespo entre Casimiro Gómez e Antón Fraguas (so vehículos estacionados xunto ao carril bici). No resto do circuíto permitirase o estacionamento, se ben non se poderá mover os vehículos entre as 12.30 e as 13:30.  

O percorrido, por razóns de seguridade, tanto dos ciclistas como dos espectadores, se pechará sobre as 12:30 horas, prohibíndose a circulación total de vehículos, tanto os vehículos estacionados como a entrada e saída de garaxes, públicos e privados. Ao paso da Vuelta, e sempre que as circunstancias o permitan, restablecerase o tráfico.

Ante este operativo, a Policía Local recomenda:

  • Evitar desprazamentos polo centro da cidade entre as 12:30 e 13:30 horas.
  • A entrada e saída da cidade zona sur utilizando a rúa Eduardo Pondal, Cruce do Marco e a circunvación pola AP-9.
  • Saída e entrada dende o Norte pola Ponte dos Tirantes, Alexandre Bóveda e Avenida Compostela (o treito entre Pasaron e a Ponte de Santiago estará pechado ao tráfico).
  • A zona Leste non se verá afectada.
  • O tráfico  procedente de Fernández Ladreda cara á Avenida de Vigo ou Estación, serán desviados por Alcalde Hevía - Eduardo Pontal - Rúa Estación cara ao Cruce do Marco.
  • A zona sur da Cidade non se verá afectada.
  • As rúas comprendidas entre: Cobian Roffignac ⿿ Padre Amoedo- Avd. Bos Aires ⿿ Padre Gaite ⿿ Padre Fernándo Olmedo ⿿ Casimiro Gómez- Doutor Loureiro Crespo ⿿ Benito Corbal ⿿ Sagasta ⿿Peregrina e Avenida de Vigo, estarán pechadas ao tráfico, polo que se recomenda aos veciños que de ter programado, entrada o saída con vehículo, o fagan antes ou estacionen o vehículo fora do circuito.
  • Zona noroeste: Saída e entrada Poio ⿿ estrada Vilagarcia. Por seguridade pecharase ao tráfico o Ponte das Correntes, o Nó de Bombeiros e Xofre de Tenorio.
    • O acceso a estas estradas farase por Xofre de Tenorio ⿿ Alfonso XIII e Ponte da Barca. (entrada por Ponte da Barca ⿿ Paseo Colón . San Roque), ou ben pola AP 9 saída norte

 

MAIS RESTRICIONS O LUNS

Por Pontevedra pasará tamén, xa o luns, a terceira etapa da proba. Haberá novas restricións de tráfico, aínda que moito máis suaves que no domingo. Contra as 14:20, segundo o rutómetro oficial da Vuelta, a caravana ciclista pasará pola cidade con seguinte itinerario: Rosalia de Castro (estrada Marin), Fernández Ladreda, Xeneral Rubin, Praza da Libertade, Raíña Vitoria, Alameda, Echegarai e Ponte da Barca.

Por razóns de seguridade pecharase o circuíto con antelación ata o paso da Vuelta. O circuíto permanecerá pechado ao tráfico dende as 13:50 horas ata o pase da etapa, aproximadamente uns 30 minutos. Os vehículos estacionados no percorrido non poderán moverse ata o remate e queda prohibido o acceso e saída de vehículos a garaxes.