Chamamento aos donantes de sangue: as reservas galegas están baixo mínimos

Pontevedra
06 de novembro 2012

Por iso é polo que fan un chamamento á cidadanía. O CTG recorda que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 donaciones de sangue cada día, polo que destaca a importancia de acudir a doar por parte de todos os grupos sanguíneos

As reservas de sangue en Galicia están en niveis "baixos", segundo o Centro de Transfusión de Galicia (CTG). Refírese concretamente ao grupo sanguíneo cero negativo e A positivo. Aseguran que, pola contra, as de cero positivo e A negativo están nuns estándares "normais".

Por iso é polo que fan un chamamento á cidadanía. O CTG recorda que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 donaciones de sangue cada día, polo que destaca a importancia de acudir a doar por parte de todos os grupos sanguíneos.

Para falicitar esta donación, o vindeiro luns 12 de novembro, as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia repartiranse por toda a xeografía galega. No caso da provincia de Pontevedra estarán na Praza do Corgo (O Grove), na Escuela de Ingeniería Industrial e na Escola Técnica Superior de Ingeniería de Minas (Vigo) e no lateral da igrexa da Peregrína (Pontevedra).