Chamamento ao profesorado para secundar a folga

Pontevedra
07 de novembro 2012

A Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra chama ao profesorado do ensino público a sumarse á Folga Xeral Europea do 14 de novembro.

A Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra chama ao profesorado do ensino público a sumarse á Folga Xeral Europea do 14 de novembro.

Nun comunicado conxunto suscrito polos sindicatos FETE, CIG, UXT e Comisións Obreiras sinalan que "a cidadanía galega non deu un apoio maioritario ao PP na Xunta de Galicia".

"Tan só un 25% da poboación apoiou o seu proxecto político", sinala o escrito consensuado, "compre lembrarlle o PP que perdeu apoio e o seguirá perdendo, e que estas non son as políticas axeitadas para sair da crise".

A Xunta de personal docente asegura que "o ensino público galego sufriu unha redución orzamentaria de 425 millóns de euros. Os recortes provocaron a supresión de centos de unidades nestes anos".

O pleno da Xunta de Persoal docente non universitario da provincia de Pontevedra, co voto favorable de 29 dos 34 delegados presentes, fixo público un chamamento ao profesorado a que apoie masivamente esta folga.

Para reflexar este apoio ao rematar a asamblea sairon a porta do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra para protagonizar unha concentración.

Arquivado en