O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou este luns que "a unidade, a coordinación e a colaboración de todas as administracións públicas e entidades é imprescindible" para artellar unha resposta eficaz crise humanitaria de Ucraína.
O delegado mantivo un encontro de traballo con Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no que repasaron as previsións e as medidas aprobadas para facilitar o acollemento á cidadanía de Ucraína que chegue a Galicia.
O delegado destacou como os concellos galegos "actúan como primeiro muro de contención nesta crise" e unha vez máis "dan exemplo de solidariedade e resiliencia".
Ambas institucións fixeron un chamamento á prudencia e dirixir toda a información de chegadas desde Ucraína a través das canles habilitadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Miñones reunirase hoxe con ONG, Policía e subdelegacións para garantir que se cumpran os novos prazos de recoñecemento dos permisos de traballo e residencia á xente desprazada.
España lidera a nivel comunitario a petición de medidas para reducir o impacto do conflicto na factura enerxética dos fogares e diminuír a dependencia enerxética de Rusia.