Chama un inspector

Pontevedra
09 de novembro 2012

O alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, inspeccionou os traballos de colocación da nova ponte sobre o río Rons. Esta pasarela substitúe á anterior ponte de madeira que estaba moi deteriorada.

Traballos de colocación da pasarela sobre o río Rons
Traballos de colocación da pasarela sobre o río Rons / PontevedraViva

O alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, asumiu o rol de inspector para visitalos traballos de colocación da nova ponte sobre o río Rons. Esta pasarela substitúe á anterior ponte de madeira que estaba moi deteriorada.

Optouse polo formigón fronte á madeira "porque o tempo non está para dispendios" e con 43.000 euros dáse continuidade a este paseo que estivo interrompido durante case un ano.

Nos próximos días o taboleiro desta ponte estará completamente rematado e aberto ao tránsito de peóns e ciclistas.

A marxe dereita do río está sendo moi utilizada trala posta en funcionamento da ponte das Correntes, que permite unha conexión coa zona da Xunqueira de Alba "un espazo verde a cinco minutos das nosas casas", apuntou o alcalde.