Para impulsar o uso de pezas reflectoras entre os ciclistas, a Garda Civil repartirá chalecos na ruta protexida do Grove o sábado 14 de abril entre as 10:00 e as 11:00 horas.
A campaña foi posta en marcha de man do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e terá lugar na rotonda de San Vicente, onde un dispositivo especial encargarase de repartir os chalecos aos ciclistas.
O uso do chaleco reflector é unha das prácticas máis recomendadas para evitar accidentes de tráfico relacionados cos ciclistas, un dos maiores grupos de risco en actividades viarias.
Segundo datos da DXT, en 2017 perderon a vida 44 ciclistas, números que se poderían reducir grazas ao uso este tipo de ferramentas.