Chalecos para dar seguridade aos peregrinos en Barro

Barro
21 de marzo 2025

Co fin de concienciar os numerosos peóns que transitan polo Camiño de Santiago, o subsector de Tráfico da Garda Civil realiza unha xornada de entrega de chalecos a peregrinos

A Garda Civil de tráfico enrega chalecos a peregrinos en Barro
A Garda Civil de tráfico enrega chalecos a peregrinos en Barro / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil de Pontevedra realizou este xoves unha xornada de entrega de chalecos aos peregrinos que percorrían o Camiño Portugués á altura de Barro.

Os encargados foron axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil, que entregaron esta peza aos peregrinos que non a levaban para que tomen conciencia da importancia da seguridade viaria.

Respecto diso, a Garda Civil lembra que os peóns constitúen, xunto cos ciclistas e as motocicletas, o colectivo máis vulnerable en caso de sufrir un accidente ou atropelo.

Unha das causas principais de atropelo de peóns é a falta de pezas de alta visibilidade especialmente en horario nocturno ou en condicións climatolóxicas adversas que diminúen a visibilidade, tales como choiva ou néboa.

Ese é o motivo polo que se establece a obrigatoriedade do uso de pezas refrectantes fóra de zonas urbanas en tales circunstancias. As pezas deben de ser homologadas asegurando que sexan visibles a unha distancia mínima de 150 metros para os condutores.

A Garda Civil de Pontevedra lembra que os estudos de accidentalidade revelan que a velocidade é un factor determinante na gravidade dos atropelos e que a 80 km/h, a probabilidade de supervivencia dun peón é practicamente nula. A 50 km/h, o risco de morte é do 50% e a 30 km/h o risco redúcese a tan só o 5%.

Tendo en conta eses estudos, insisten no uso de pezas refrectantes por parte dos peóns e a minoración de velocidade por parte dos condutores ante a presenza de peóns na vía.