Para César Portela (Pontevedra, 1937) é un "honor" ter sido escollido como protagonista do I Memorial Sesmero, o ciclo co que a cidade rende homenaxe ao arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero. Asegura que a Pontevedra moderna "no se podría explicar sin su presencia", xa que recordou que lle debemos espazos "sin los cuales Pontevedra sería outra cosa" como a Alameda, a Deputación e o seu ámbito ou a Casa Consistorial.
"Como pontevedrés y como profesional le tengo un gran respecto y agradecimiento", dixo o arquitecto pontevedrés durante a inauguración da exposición que reúne, no Centro Social de Afundación que el mesmo construíu, catorce dos seus proxectos máis singulares como o Museo do Mar (Vigo), a estación de autobuses de Córdoba, o faro de Punta Narica (Malpica), o cemiterio de Fisterra ou a torre-miradoiro El Libertador de Caracas (Venezuela).
Tamén hai varias maquetas de obras que fixo en Pontevedra, cidade na que recoñece que lle tería gustado traballar máis, porque ao vivir nela "disfrutaría a diario de esos espacios agradables". Pero César Portela explica que "lo que pasa es que a mí me gusta trabajar a gusto y hay cosas que me encargaron en Pontevedra que no quise hacer porque no estaba de acuerdo con lo que querían hacer".
Traballar tanto fóra da súa cidade permitiulle, di, "descubrir nuevos mundos y sumergirme en otras culturas", algo que marcou o seu traballo. Con esa experiencia, ve Pontevedra como unha cidade "que tiene unas condicións fantásticas", pero lamenta que non se aproveitan del todo "por culpa no solo de los políticos, sino porque no hay mucha implicación de los propios ciudadanos en su ciudad".
E que habería que mellorar? O arquitecto pontevedrés teno claro. A relación entre o centro da cidade e o rural. "Hay mucha disponibilidad dentro del casco urbano, pero tenemos una desconexión total con el medio rural", especialmente con lugares próximos á cidade como Marín ou Lourido (Poio), "a los que se podría ir andando como antaño y que hoy en día no presentan más que dificultades".
Moito máis crítico é coa presión urbanística na costa da Ría de Pontevedra. "No hace falta ser arquitecto, solo hay que tener un par de ojos y un mínimo de sensibilidad para ver como se fue degradando en los últimos 50 años", asegura. E sente ser pesimista, pero non ve que coa crise económica aprendésemos a lección. "Tiene que haber un esfuerzo por parte de todos, detectar las cosas malas y combatirlas y pelear por las buenas".
Neste sentido, destaca que no sector da construción "los más optimistas pensábamos que con una crisis de este tipo iban a desaparecer los especuladores y la gente que no era competente y veo que no, que los que se arruinaron y tuvieron que cerrar fueron empresas constructoras muy buenas y profesionales con un oficio fantástico". Unha situación, di, que dificulta este cambio de mentalidade.
MEMORIAL SESMERO
Os actos do I Memorial Sesmero continuarán este venres día 10, ás 20.00 horas, co primeiro dos coloquios destinados a expoñer a obra do arquitecto pontevedrés. Será na sala de conferencias do Centro Social de Afundación e falarase do seu traballo en Pontevedra e Galicia. O seguinte venres, día 17, será a quenda para analizar os seus proxectos desenvolvidos no resto do Estado e en todo o mundo.
Ademais, o sábado 11, ás 11 horas, partirá un roteiro pola obra de César Portela en Pontevedra. Sairá dende a Praza de Abastos, primeiro edificio a visitar e percorrerá a pegada do arquitecto na cidade. E o día 18 será o momento da visita guiada á adega do Pazo Baión, restaurada polo homenaxeado. Sairá un autobús da Praza de Galicia ás 11 horas. Para esta visita, o número de prazas é limitado e as reservas só poden facerse no teléfono 669 45 94 53.