O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, ordenou ao equipo xurídico do Concello presentar un recurso de alzada fronte ás autorizacións recentemente concedidas aos parques eólicos de Campo das Rosas, As Penizas, Porto Vidros e Os Cotos.
Jorge Cubela convocou de urxencia para esta tarde unha xuntanza coas comunidades de montes afectadas ás 19 horas no Centro Cultural de Cerdedo e ás 20:30 horas no Consistorio de Carballedo.
O obxectivo desta xuntanza é comunicarlle a decisión aos responsables veciñais e seguir coordinando con eles todas as accións necesarias para opoñerse á instalación destes proxectos eólicos.
Dende o goberno local sinalan que "esta decisión prodúcese no momento procedimental axeitado tal e como se acordara nas distintas xuntanzas de traballo mantidas entre o alcalde Jorge Cubela e os representantes veciñais das comunidades de montes afectadas".